Paisaxe na Pontenova

Se eres directivo desta entidade ou asociación e desexas introducir aquí un calendario de eventos configurable, contacta co persoal do Concello.

Asociación de Comerciantes, Industriales e Autónomos de A Pontenova.

Esta asociación creouse en xuño do ano 1996, funcionou durante 4 anos, logo de varios anos sen actividade, en decembro de 2007 púxose en funcionamento cunha nova directiva e na actualidade conta con 112 socios.

Logotipo da A.C.I.A.

Logotipo da A.C.I.A.

A súa principal actividade é promocionar e asesorar o comercio da nosa localidade, facer cursos para todos os sectores e ao mesmo tempo promocionar o noso Concello con diversas actividades.

Esta asociación está tamén asociada á Federación Galega de Comercio, a cal achéganos todo tipo de asesoramento e información do sector.

As súas principais actividades son:

- En Nadal , concurso de escaparates e sorteo dunha cantidade de diñeiro determinado.

- En Entroido “Ruta das Tapas”.

- En Semana Santa “Mercado de Semana Santa”.

- En Maio, concentración de rutas de sendeirismo.

Durante outras datas do ano, campañas e promocións, diversas conferencias, etc.


<- Volver ao listado de entidades e asociacións.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design