Paisaxe na Pontenova

Se eres directivo desta entidade ou asociación e desexas introducir aquí un calendario de eventos configurable, contacta co persoal do Concello.

Asociación Cultural "A Ermida".

Constituída o 15 de xullo de 1995.

Domicilio en A Ermida de Vilaboa, 17. A Pontenova (Lugo)

Xunta Directiva:

- ANTONIO VEIGA CONDE

- JUSTO YANES LÓPEZ

- MANUEL DÍAZ FERNÁNDEZ

- MANUEL VEIGA PÉREZ

Constituída para o ben común do núcleo de veciños e sen ánimo de lucro. Desde a súa fundación resolvéronse numerosos problemas comúns do núcleo veciñal. Por exemplo, instalouse unha traída de augas para todas as casas.

Anualmente celébrase unha festa en honra á patroa “A nosa Señora da Asunción” e a “San Roque”. Tamén se realizaron distintas colectas veciñais e institucionais para a rehabilitación da ermida e seu entorno.

As labores levadas a cabo foron a de relosado de todo o edificio, picado de cables vellos (dentro e fose), limpeza e vernizado da pedra interior, restauración do altar maior e renovación de bancos, instalación nova da luz eléctrica, limpeza e mantemento periódico do mesmo recinto por devandita asociación en varias épocas do ano. Ademais cementouse todo o entorno da ermida, praza e camiño de acceso.

A intención é seguir recadando fondos para acabar de reparar portas e fiestras.

Doutra banda, en distintas ocasións celebráronse xuntas gastronómicas para intercambio de impresións veciñais, como son as fogueiras de San Xoan, churrascadas comunais, etc. E en datas do Nadal instálase un belén na ermida e adórnanse as distintas rúas con luces e motivos de festa.

Tamén destacar a “Procesión de Corpus” que se organiza na parroquia e coa que se contribúe achegando tres santos engalanados e levados a man ata un quilómetro que lles separa de Vilaboa.


<- Volver ao listado de entidades e asociacións.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design