Paisaxe na Pontenova

Se eres directivo desta entidade ou asociación e desexas introducir aquí un calendario de eventos configurable, contacta co persoal do Concello.

Asociación Cultural "Amigos da Esperanza".

San Mamede

27720 A Pontenova


Esta Asociación nace como tal, no ano 2004 co obxectivo principal de enriquecer as procesións de Semana Santa na Pontenova. A día de hoxe, contamos con 210 socios.

Desde o ano 2008, esta Asociación encárgase da realización dunha alfombra na Praza do Concello a noite anterior ao Xoves Santo. Posteriormente, na tarde do xoves, os confrades acompañan á Virxe da Esperanza en procesión desde a Igrexia da Pontenova ata a praza do Concello.

Ademais desta actividade, a Asociación organiza unha comida anual de irmandade que coincide co primeiro domingo sen feira na Pontenova logo de Semana Santa. Esta comida celébrase en San Mamede, un pequeno pobo da parroquia de Conforto. Na Capela de San Mamede atópase a Virxe da Esperanza, Imaxe que dá nome á Asociación e cuxa festividade celebramos o 18 de Decembro.

Non entanto, non é todo relixión. Aínda que básicamente insistimos en que o obxectivo principal foi darnos a coñecer ao participar nas procesións de Semana Santa, tamén organizamos cursos, charlas, etc., sempre intentando buscar actividades entretidas, e que podamos sacar utilidade aos traballos. Acabamos de terminar un curso de cestería no que participaron 30 persoas de todas as idades e podemos calificalo como todo un éxito, vistos os traballos obtidos.


Persoa de contacto: Esther

Teléfono: 609484042


<- Volver ao listado de entidades e asociacións.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design