Asociación Cultural e Deportiva "As Minas".
C/ Vilaouruz 29, C.P. 27727
A Pontenova (Lugo)
Esta asociación nace en Novembro de 2007. Foi unha iniciativa que tiveron os rapaces que organizaron o “I FESTIVAL AS MINAS” da Pontenova. A súa intención era crear un festival de verán, algo que a mocidade do noso Concello viña reclamando desde facía moitos anos, pero aparte de organizarse un festival da mocidade, decidiron potenciar o valor cultural, paisaxístico e turístico que ten A Pontenova, principalmente as nosas minas, por iso é polo que o nome da asociación sexa “AS MINAS”, grazas ás cales naceu A Pontenova.
O primeiro paso foi tratar de localizar algún mineiro que traballara nelas e homenaxealo, conseguírono e xa levan dúas edicións do Festival con homenaxe aos nosos mineiros.
A principal actividade que realizan é o “FESTIVAL AS MINAS”, que inclúe unha gran churrascada na praza dos fornos e moitas actividades, que veñen celebrando no mes de Agosto, ao que este ano sumáronlle un importante aliciente que foi a “I QUEDADA MOTEIRA AS MINAS”, cun gran éxito.
Pero aparte destas actividades tamén organizan un cocido no mes de Febreiro, e este ano xa organizaron tamén unha cea baile en novembro.
Téñense en mente outras actividades desta índole para axudar a dinamizar o pobo e que a xente goce no seu tempo de lecer das súas propostas.
DIRECTIVA ACTUAL:
PRESIDENTE: Daniel Vega López (Plenario)
VICEPRESIDENTE: Agustín Trabadelo Granda (Gus)
SECRETARIO: Luís Miguel Rivas Lozano (Rivas)
TESOUREIRA: Miriam Rivas Lozano (Rivitas)
VOCAL: José Luís Gutiérrez Rivas (Guti)
VOCAL: Humberto Paz Rodríguez (Humberto)
Na actualidade A.C.D. “AS MINAS” conta con 60 soci@s colaboradores, e as súas páxinas web son: www.acdasminas.com y www.festivaldasminas.com; a súa dirección de correo electrónico é: acdasminas@gmail.com
