Paisaxe na Pontenova

Se eres directivo desta entidade ou asociación e desexas introducir aquí un calendario de eventos configurable, contacta co persoal do Concello.

Asociación de Artesáns da Pontenova.

A Asociación, xorde coa idea de reunir a unha serie de artesáns da madeira para promocionar este sector do municipio coa organización dunha “Feira de Artesanía”.

A primeira edición ten lugar no 2007 na localidade da Pontenova, ano no que se funda a Asociación, coa presenza de 27 artesáns profesionais do moble e anticuarios, e de, aproximadamente, 4.000 persoas.

A segunda edición desta “Feira de Artesanía Mobles e Antigüidades” celébrase, do mesmo xeito que na primeira, o primeiro fin de semana de Agosto, coa presenza de máis de 50 expositores e de 4.000 persoas.

No 2008, realizouse unha réplica de “Vos fornos” en madeira, de 25 centímetros de tamaño, co obxectivo de recadar fondos para a feira.

Como actividades previstas, está a posible organización da “III Feira de Artesanía”, así como a publicación dun tríptico no que tivesen cabida os artesáns locais, tanto do sector da madeira, como doutros sectores. Actividades que teñen previsto ser levadas a cabo ao longo do ano 2009 contando sempre co apoio das institucións.


<- Volver ao listado de entidades e asociacións.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design