Asociación de Pensionistas e Xubilados "Val de Miranda".
O 20 de Decembro do 2000 fórmase unha xestora, que nese momento empeza a traballar para redactar os estatutos que foron aprobados o 24 de Xaneiro de 2001. Deste xeito, créase da Asociación de Pensionistas e Xubilados “Val de Miranda”.
O traballo comeza desde este momento. Numerosas son as actividades que se organizan, entre as que destacan as excursións, como a que ten lugar todos os anos no mes de Maio cunha duración de tres días.
Con idéntica periodicidade anual, realízase unha comida para todos os socios cada mes de Setembro.
Desde fai tres anos, existe unha participación activa na “Romaría de San Pedro Fiz”, con comida campestre e traslado á zona. Neste evento tamén colabora o Concello porque se admiten xubilados que non son socios.
Ademais, hai que destacar que no 2008 prepararon o “Cocido de Entroido” con disfraces nun restaurante da Pontenova. Estas reunións de carácter gastronómico son múltiples, e hai que engadir “Pulpadas” anuais, e ata está tomando forma a idea da celebración dun Magosto que se organizará e servirá pola Directiva.
