Asociación de Veciños de Bogo
Representa a: Barreiros, Río de Campos, Vilarxuvín, Sanxés, Vilarxuane, Teixedais e San Pedro (Comarca de Bogo).
Está formada por 168 socios na actualidade.
Asociación fundada no ano 2003 co propósito principal de unificar os veciños e retomar unha esquecida concentración parcelaria (hoxe xa concluída).
Posteriormente marcáronse outros obxectivos tales como potenciar a riqueza paisaxística e cultural das nosas sete aldeas con encanto.
Nesta bisbarra poden atopar rutas de senderismo por bosque completamente autóctono, ruta de aldeas singulares, ferrerías, casas rurais, tallas de artistas da zona...
Para acceder a esta singular paraxe, tomaremos a estrada Lugo-Oviedo e, á altura de A Pontenova, xiraremos á dereita; percorreremos aproximadamente 16 km e unha vez no sitio tomaremos unha ampla rede de camiños veciñais, polos que nós decidiremos o tempo que queremos dedicar na nosa visita.
Dado que se trata dunhas zonas que son moi fráxiles; as nosas pisadas xa poden causar certa erosión, así que evitaremos saír dos camiños axudando así na conservación deste espazo único. Pregamos respeto á forma de vida das xentes que aquí vivimos.
NOTA: Se nos visitas cunha gaita non che faltará un vaso de viño.
