Paisaxe na Pontenova

Se eres directivo desta entidade ou asociación e desexas introducir aquí un calendario de eventos configurable, contacta co persoal do Concello.

Asociación de Veciños de Vilaoudriz.

No ano 1980 constitúese a Asociación de Vecinos de Villaodriz, de ámbito de actuación municipal, co obxectivo primordial de fomentar a solidariedade cidadá e o benestar social dos seus membros.

Céntrase en promocionar o desenvolvemento das actividades culturais, sociais, asistenciais, recreativas e deportivas para conseguir un maior nivel de vida e mellorar o tempo libre dos asociados.

Adica especial interese a colaborar co Concello para coidar dunha mellor situación do cidadán e daquelas actividades que perfeccionen a limpeza, hixiene, seguridade e embelecemento do municipio da Pontenova.

Ademais, presta gran atención a promocionar os seus festexos e festas patronais.

Para rematar, sinalar o seu interese de colaborar no ensino, para a boa marcha das escolas e centros de formación da Pontenova.


<- Volver ao listado de entidades e asociacións.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design