Club de Xogos, Deportes Populares e Tradicionais de Santalla.
Logotipo do Club
Este club creouse en Xaneiro de 2008.
A súa actividade máis importante é a práctica dos xogos tradicionais e populares, entre eles, o que practica este club é o dos birlos.
O evento máis importante que organizamos é a "Mostra Internacional de Xogos Populares e Tradicionais de Santalla" no mes de Agosto.
Esta Mostra Internacional foi recoñecida, na convocatoria dos Premios Nacionais do Deporte Galego do ano 2008, como a Mellor Iniciativa de Deporte Tradicional 2007 – 2008.
Tamén intentamos promocionar este tipo de xogos entre a poboación e organizamos rutas de sendeirismo dentro e fóra do noso Concello.
