Paisaxe na Pontenova

Se eres directivo desta entidade ou asociación e desexas introducir aquí un calendario de eventos configurable, contacta co persoal do Concello.

Industrial Recense Fútbol-Sala.

O equipo de INDUSTRIAL RECENSE F.S., fundouse no ano 1993, sendo concedida a súa inscripción como Club Federado nos estatutos de Febreiro de 1994.

Nace pola iniciativa de varios amigos de RECECENDE e para desde o primeiro momento participar en ligas tanto locais como federadas da provincia de LUGO.

Desde esa data, non deixou de participar nalgunha competición todos os anos e é, xa que logo, o equipo de fútbol sala federado máis antigo e en activo do municipio da Pontenova.

Na actualidade, participa na Liga Provincial Senior masculina e en distintos torneos que se celebran pola zona.

Ao longo destes anos vanse incorporando novos xogadores , manténdose na actualidade un persoal compensado de novas incorporacións e veteranos, dado que no persoal aínda permanecen activos 4 xogadores desde a súa fundación. Na tempada actual 2008 - 2009, o total do persoal son 12 persoas.

Como logros importantes, están varios subcampeonatos de liga e a consecución do campionato da COPA PROVINCIAL en catro ocasións; por outra banda, conseguiu quedar campión en diferentes torneos locais.


<- Volver ao listado de entidades e asociacións.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design