Peña Madridista da Pontenova.
Dunha reunión de amigos, veciños da Pontenova e seguidores do Real Madrid C.F., no mes de Agosto de 1995 xurdiu a idea de fundar unha asociación que levaría por nome “Peña Madridista da Pontenova” e que tería, e ten hoxe en día, ámbito provincial.
O 5 de Setembro de 1995 celebrouse a Asemblea Constitucional, quedando aprobados os Estatutos que rexirían a Asociación no futuro. Tamén se nomeou unha Xunta Xestora provisional para efectuar os trámites precisos para rexistrar a Asociación.
O 29 de Setembro dese mesmo ano, o Goberno Civil de Lugo inscribiu a Peña no Rexistro de Asociacións co número 1644.
O local social da Peña é o “Bar Lennon”, na Pontenova, e aínda que se chegou a ter uns 160 socios (moitos deles menores con autorización dos seus pais), na actualidade agrupa a uns 60 ou 70 socios.
O 7 de Novembro de 1997 inaugurouse oficialmente a Peña cunha cea de Irmandade no “Hostal A Cubana”, á que asistiu o directivo do Real Madrid C.F. D. José Luís Fernández Centeo, Padriño Oficial da Pena.
As actividades que realiza esta Peña non son todas as que quixese a súa directiva, xa que son moitas as obrigacións individuais dos seus compoñentes, con todo, fixéronse viaxes ao Santiago Bernabéu, Xixón, A Coruña, etc. para ver os partidos do Real Madrid C.F.
Tamén, no seu día, esta Peña organizou un torneo de fútbol-sala.
