Paisaxe na Pontenova

Se eres directivo desta entidade ou asociación e desexas introducir aquí un calendario de eventos configurable, contacta co persoal do Concello.

Sociedade de Cazadores "10.103" da Pontenova.

A Sociedade de Cazadores da Pontenova, foi constituída por cazadores deste municipio o día 10 de Xaneiro de 1976 no local da Sala de Festas "XOLDA" sendo o seu primeiro Presidente D.Manuel Dorrío López.

Logotipo da Sociedade de Cazadores da Pontenova

Logotipo da Sociedade de Cazadores da Pontenova

O Tecor Societario A.Pontenova con número de matrícula LU-10.103 comprende todo o Concello de A.Pontenova, cunha superficie aproveitable de 13505 Ha, das cales 1425 atópanse vedadas, cumprindo así a normativa vixente, que esixe un vedado dun 10% da superficie total do TECOR.

Para a realización de ganchos de corzo atópase dividido en oito manchas, que son: Vilarmide - Vilaboa - Vilaoudriz - Vilaouruz - Vilaxe - Xudán - Rececende - Bogo - Conforto.

Para a realización de ganchos de xabaril, atópase dividido en tres manchas: Vilaouruz - Teixedais - Reigadas.

A mancha de Reigadas ten na actualidade 1425 Ha. vedadas, que están comprendidas entre augas arriba do Río Eo partindo de Piagaponte ata o límite con Ribeira de Piquín en Santiago de Acivro, e a estrada que vai desde Piagaponte ata Penadecabras.

As zonas vedadas rótanse, previa autorización de Medio Ambente, por un período non inferior a dous anos.


<- Volver ao listado de entidades e asociacións.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design