Paisaxe na Pontenova
Banner Oficina Virtual Concello da Pontenova

A Oficina Virtual do Concello da Pontenova ten como principal obxectivo facilitar o acceso a información de interese a todos os habitantes do municipio e a todos os demais visitantes desta web.

Para iso, dispón de diversas posibilidades:

Se dispón dun certificado dixital, por exemplo o que se atopa no DNI Electrónico, vostede poderá iniciar trámites administrativos online co Concello da Pontenova. Desta forma soamente terá que acudir ás oficinas municipais no momento de recoller aqueles documentos que solicite.

Ademais, coñecerá exactamente que documentación debe achegar para efectuar a devandita recolleita.

Outra opción dispoñible é a de acceder á sección de documentación desta páxina. Nela poderá atopar e descargar documentos relativos á normativa municipal, actas de Plenos e Xuntas de Goberno, bandos municipais, solicitudes, etc.

Para acceder a esta sección non é necesario ningún tipo de certificado dixital; polo que, sen ningún problema, poderá acceder en calquera momento a aquela documentación que lle interesa.

Programas útiles:

Logotipo Foxit Reader

FOXIT READER

Visor de arquivos PDF totalmente gratuíto.


Enlaces de interese:

Logotipo DNI Electrónico

www.dnielectronico.es

Portal web con toda a información necesaria acerca do DNI electrónico.

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design