Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
A RESERVA DO RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN.
É a cuarta Reserva da Biosfera declarada en Galicia pola UNESCO, coa singularidade de ser a primeira das súas características: ser impulsada e compartida por dúas autonomías.
A Reserva integra a catorce concellos, sete en cada unha das dúas Comunidades, Galicia e Asturias.
| GALICIA | ASTURIAS |
| Ribadeo | Castropol |
| Trabada | Vegadeo |
| A Pontenova | San Tirso de Abres |
| Ribeira de Piquín | Taramundi |
| Baleira | Villanueva de Oscos |
| A Fonsagrada | Santa Eulalia de Oscos |
| Negueira de Muñiz | San Martín de Oscos |
A área incluída nesta Reserva da Biosfera ocupa unha superficie de 158.883 hectáreas, das cales 108.007 corresponden a Galicia, o 68% do territorio. A poboación residente na Reserva é de 32.974 persoas, máis do 65% son galegos, 21.667
Principais actividades económicas.
A gandeiría, a silvicultura e o turismo son os principais eixos do crecemento da zona. Aínda que nos últimos anos produciuse unha caída no sector primario e un crecemento no sector servizos, a agricultura segue representado o 39% da actividade da zona.
Os catorce municipios que configuran a Reserva rexistran un total de 11.408 postos de traballo, 7.450 na parte galega.
As microempresas e as empresas familiares son características da zona e tamén existe unha alta porcentaxe de autónomos en actividades relacionadas coa construcción, o comercio, a hostalería e o turismo rural.
Na actualidade (2008) o turismo rural é unha actividade crecente en toda a Reserva, na zona atópanse ao redor de 170 establecementos.
O nivel de renda familiar medio por habitante nos municipios da parte asturiana da Reserva é inferior á media rexioal e nacioal. Na parte galega, os niveis de renda por habitante son similares á media en municipios como Ribadeo, A Pontenova e A Fonsagrada, e inferiores á media autonómica no resto.
Os plans autonómicos de desenvolvemento e os programas europeos de apoio, como as iniciativas Leader, están contribuíndo a mellorar a calidade de vida destes municipios.



