Paisaxe na Pontenova
Turismo e Lecer Multimedia Entidades Biosfera Rutas Río Eo Localización Teléfonos de interese

Outros lugares de interese natural na Pontenova.

A Fraga de Reigadas.

Imaxe dun carreiro na Fraga de Reigadas

Carreiro na Fraga de Reigadas

A Fraga de Reigadas é un bosque de difícil orografía e que debido ao seu relativo illamento se conserva coma se o tempo non pasase por el. Este bosque posúe unha flora e unha fauna moi variada e ata existen referencias da presenza esporádica do oso pardo.

No interior deste enclave atópase a ferrería de Bogo, un conxunto etnográfico completamente restaurado hai uns anos e que mostra como funcionaba unha ferrería noutrora. Ademais neste sitio existe un aloxamento de turismo rural e pola zona pódense realizar múltiples rutas de sendeirismo e gozar da paisaxe e das numerosas fervenzas, formadas polo Río Reigadas, que existen na zona.

A Fraga de Carballido.

Vista da Fraga de Carballido

Vista da Fraga de Carballido

Este bosque cobre pequenos afluentes do Río Eo pola súa marxe dereita. Está situado no límite co Principado de Asturias dos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Ribeira de Piquín e ocupa unha extensión de 4634 ha.

Trátase dunha zona de acceso complicado, debido á súa orografía extrema; pero que, gracias a isto, tamén ofrece unhas paisaxes espectaculares. As especies arbóreas máis importantes son o carballo (Querqus robur), o castiñeiro (Castanea sativa), o bidueiro (Betula alba) e o rebolo (Quercus pyrenaica). No relativo á fauna podemos destacar a presenza do falcón pequeno (Falco subbuteo), do tordo arrubiado (Turdus iliacus) e da marta (Martes martes).

Mapa da Fraga de Carballido

Mapa da Fraga de Carballido

Deseño, desenvolvemento e programación: Madialeva | Colaboración: Urbana Web Design