Saúdo do Alcalde

Darío Campos Conde
Alcalde do Concello da Pontenova

Benvidos á páxina web do Concello da Pontenova.

Como alcalde, gustaríame dirixirvos unhas palabras de benvida a todos os veciños e visitantes deste portal, posto en funcionamento co fin de poder consultar, tramitar e dispor de toda a información relativa ao Concello.

A idea de crear este novo portal, nace da necesidade de pór a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns e dos intereses xerais do municipio. Preténdese achegar a todos os usuarios a aqueles aspectos que poidan ser obxecto da súa demanda, facilitar os trámites administrativos para os veciños e ser un magnífico escaparate do noso Concello. Trátase dunha primeira visita virtual a estas terras situadas en pleno Val de Miranda e na área do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, declarada pola UNESCO como Reserva da Biosfera, onde se conxugan perfectamente a natureza e a tradición.

A Pontenova é un municipio do interior da Mariña Oriental que posúe numerosas rutas que descobren a súa riqueza paisaxística e a súa historia marcada polo pasado mineiro. Un lugar onde acontecementos como a Festa da Troita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta, atrae a xentes de diferentes lugares. Un municipio que mostra, aos nosos veciños e visitantes, algún dos múltiples atractivos que posúe, por medio deste portal municipal.

En definitiva, espero que o noso portal cumpra coa súa función de achegar a todos o noso Concello, con información actualizada e cun funcionamento eficaz dos servizos que se ofrecen no mesmo.

Un saúdo,

Darío Campos Conde

Alcalde do Concello da Pontenova.

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org