Economía

O sector primario é básico na Pontenova

A realidade económica do Concello da Pontenova está marcada polo sector primario, que ocupa algo máis do 40% da súa poboación activa.

A agricultura atópase condicionada polo medio físico, ao que se une a falta de recursos técnicos, unha propiedade moi fragmentada e o elevado avellentamento da poboación. O trigo, o millo e a pataca constitúen os principais cultivos, con todo, mentres se intenta modernizar a agricultura para conseguir unha maior produtividade, atópase un complemento nas explotacións madereiras.

A gandería é unha actividade pouco especializada e na que o bovino predomina sobre o resto de tipos de gando. O seguinte tipo máis común é o gando porcino e para rematar o ovino, o cabrún e o cabalar.

A industria e o sector terciario foron incrementado as súas porcentaxes de poboación empregada ao longo dos anos no Concello da Pontenova.

Dentro do sector secundario, a construcción é sen dúbida o apartado máis importante. En canto ao sector terciario, que abarca case un 30% da poboación activa, pódese dicir que cobre todos os servizos comunitarios necesarios, tales como: supermercados, bancos, cafeterías, restaurantes, hoteis e hostais, bares, tendas...

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org