Gastronomía

Imaxe dos típicos faragullos da zona

No Concello da Pontenova poderá gozar da cociña tradicioal galega e de pratos exclusivos da zona como os "faragullos", unha sobremesa feita con fariña, leite e ovos ou as "chulas" e "filloas", outras sobremesas de iguais ingredientes. Estas sobremesas adoitan acompañarse con torrezmos, leite, azucre ou mel e son un manxar delicioso.

Non se pode esquecer, con todo, a materia prima que ofrece o Río Eo, que permite elaborar uns pratos exquisitos con troitas e salmón.

Tamén poderá degustar as mellores carnes de tenreira, asada ou guisada, e todos os produtos derivados do porco como os chourizos, o xamón ou as "androllas", moi apreciadas na zona.

Ademais, grazas á proximidade do mar, os peixes e mariscos, como ameixas, polbo, mexillóns, percebes, nécoras... que desexe probar sempre estarán frescos e en inmellorables condicións.

Imaxes

Bandexa con troitas do Eo Salmón pescado no Río Eo

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org