Situación

Mapa de localización da Pontenova

O Concello da Pontenova está situado ao nordés da provincia de Lugo, na zona coñecida como "Mariña Oriental". Posúe unha poboación de 3069 habitantes que se reparten ao longo dos seus 133'3 km².

A través deste concello transcorre o Río Eo na zona media alta do seu percorrido, é por esta razón pola que se poden ver fermosos vales e paisaxes montañosas. O clima é de transición entre o propio da costa e o do interior da provincia de Lugo.

Os límites da Pontenova son: ao norte o Concello de Trabada, ao sur os concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín, ao leste o Principado de Asturias e ao oeste o concello de Riotorto.

Este concello divídese en 11 parroquias: Bogo, Conforto, A Pontenova, Rececende, Santo Estevo, Vilaboa, Vilameá, Vilaoudriz, Vilaouruz, Vilarmide e Xudán.

Para chegar ao Concello da Pontenova débese tomar a estrada N-640 que se dirixe desde a cidade de Lugo á vila asturiana de Vegadeo.

Coordenadas GPS:
Latitude: 43,347558 | 43º 20' 51,21"
Lonxitude: -7,192322 | -7º 11' 32,36"

Distancias a diversas cidades:
A Coruña - 140 Km. | Ferrol - 165 Km. | Gijón - 157 Km. | Lugo - 55 Km. | Madrid - 506 Km. | Ourense - 146 Km. | Oviedo - 159 Km. | Pontevedra - 233 Km. | Santiago de Compostela - 180 Km. | Vigo - 258 Km.

Enlaces adicionais

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org