Parroquias

O Concello da Pontenova está formado polas seguintes 11 parroquias:

Bogo.
(San Pedro de Bogo)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Miranda. Esta parroquia agrupa as entidades de Barreiros, O Machuco, Muiñou, Río de Campos, San Pedro de Bogo, Sanxés, Teixedais, Vilarxuane e Vilarxuvín.

Conforto.
(Santa María de Conforto)

Freguesía pertencente ao arciprestado de Miranda. É a segunda parroquia con máis poboación do Concello. A Conforto pertencen as entidades do Boulloso, Os Candaedos, Coirío, Conforto, Dodrín, A Ermida, Ervelle, Figueirúa, Labrada, Mousende, Pacios, Saldoiriña, San Mamede, Souto de Mogos, Valindarcas, A Veiga da Pada e O Vilar. O antigo titular desta parroquia foi San Bernabeu; pero, a partir de 1450, xa está establecida Santa María. Así mesmo, unha escultura da patroa apareceu nunhas escavacións realizadas na fonte da Virxe. Nesta parroquia hai numerosas capelas diseminadas por todas partes.

A Pontenova.
(Sagrado Corazón de Xesús da Pontenova)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Miranda. Agrupa as entidades do Castelo, A Cova, Foxas, Goios , Saldoira e A Pontenova, capital do Municipio. Nesta parroquia hai varias capelas, entre as que se pode destacar a de San Briz, na Pontenova, a da Cova e a de Saldoira.

Santo Estevo.
(Santo Estevo de Rececende)

Freguesía pertencente ao arciprestado de Miranda. As entidades do Acebro, A Insua e Santo Estevo forman parte desta parroquia. No Acebro hai unha capela adicada a San Antón de Padua, de planta rectangular e retablo barroco. Nas inmediacións do lugar de Santo Estevo atópase o castro do mesmo nome.

Rececende.
(San Xoán de Rececende)

Feligresía pertencente ao arciprestado de Miranda. Agrupa as entidades de Cabana, Currás, Rececende, As Roxas e O Vilar das Pedras. No ano 1263 o abade do convento de Santa María de Meira fai permuta de varias igrexas e posesións co bispo de Mondoñedo Munio, quen recibe, entre outras, as de San Xoán de Rececende, coa súa vila e parroquia. O templo parroquial, reedificado en 1769, restaurouse novamente no ano 1978. Nas súas proximidades había unha cova denominada "das Augas Santas" ou de "San Xoán", á que acudían moitos fieis da contorna xeográfica, para pasar polo seu barro a nenos enfermos.

Vilaboa.
(San Xulián de Vilaboa)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Miranda. A esta pertencen as entidades de Aldeguer, Fontangordo, Neipín, A Panturreira, San Paio, Vilaboa, Vilargondurfe e Vileimil. Esta parroquia estivo vinculada ao mosteiro de Santa María de Meira e, máis tarde pasou á diocese ovetense, reintegrándose á de Mondoñedo en 1954.

Vilameá.
(San Vicente de Vilameá)

Freguesía pertencente ao arciprestado de Miranda. Os seus habitantes repártense entre as entidades de Liñeiras, Santalla, Vilameá e Xinzo.

Vilaoudriz.
(Santiago de Vilaoudriz)

Feligresía pertencente ao arciprestado de Miranda. Agrupa as entidades de Salmeán e Vilaoudriz. O templo parroquial, remodelado no século XVIII, presenta signos románicos.

Vilaouruz.
(San Martín de Vilaouruz)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Miranda. A única entidade que comprende leva o mesmo nome, Vilaouruz.

Vilarmide.
(O Salvador de Vilarmide)

Parroquia pertencente ao arciprestado de Miranda. Agrupa ao Navallo, Vilarmide e Vilarmirón.

Xudán.
(Santa María Madanela de Xudán)

Freguesía pertencente ao arciprestado de Miranda. Nela consérvanse varias medorras e enterramentos prehistóricos que nos falan do seu pasado histórico. Xudán foi terra de xudeus, que se instalaron ao longo da vía Lugo-Vegadeo na Idade Media, para adicarse ao comercio. Esta parroquia agrupa os núcleos de Beche, Eirexúa, Folgueirúa, Lamarcide, Pipín, As Selas, Vilarín, Vilaxe e Xudán.

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org