Sanidade

En virtude da Lei Xeral de Sanidade, os Concellos, sen prexuízo das competencias das demais Administracións Públicas, teñen as seguintes responsabilidades mínimas en asuntos relacionados coa sanidade:

a) Control sanitario do medio ambiente: Contaminación atmosférica, abastecemento de augas, saneamento de augas residuais, residuos urbanos e industriais.

b) Control sanitario de industrias, actividades e servizos, transportes, ruídos e vibracións.

c) Control sanitario de edificios e lugares de vivenda e convivencia humana, especialmente dos centros de alimentación, barberías, saunas e centros de hixiene persoal, hoteis e centros residenciais, escolas, campamentos turísticos e áreas de actividade físico deportivas e de recreo.

d) Control sanitario da distribución e subministración de alimentos perecedoiros, bebidas e demais produtos, directa ou indirectamente relacionados co uso ou consumo humanos, así como os medios do seu transporte.

e) Control sanitario dos cemiterios e policía sanitaria mortuoria.

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org