Centros sociais

¿Coñece os centros sociais do seu municipio? O Goberno local está facendo unha aposta firme para contar con espazos para a dinamización social que están pensados para a poboación maior, pero tamén para o desenvolvemento de actividades de interese para todas as franxas de idade.

O obxectivo é que novos e maiores poidan contar con lugares de referencia para informarse e desenvolver actividades do seu interese. O programa destes centros inclúe actividades formativas en distintos ámbitos (como informática ou acceso ás redes sociais), actividades relacionadas coa saúde e o deporte (obradoiros de memoria, excursións de sendeirismo…) e tamén xornadas divulgativas que pretenden axuntar lecer e cultura (por exemplo obradoiros sobre oficios tradicionais).

Este Concello programa estas actividades con recursos propios e tamén coa colaboración doutras administracións. Neste espazo informarase sobre as próximas actividades dos nosos centros sociais.

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org