Inicio » Turismo » Festexos

Feira quincenal na Pontenova

Domingo de feira na Pontenova

Desde hai décadas celébrase no Concello da Pontenova unha feira quincenal, en domingos alternos, coa próxima poboación de Meira.

Antigamente, na feira levábase a cabo compra e venda de gando, que se complementaba co mercado de produtos alimentarios típicos da zona (hortalizas, verduras, froitas, etc.) e outros produtos de uso común como zocas, artigos de barro, coitelos, apeiros de labranza...

Así mesmo, o día de mercado aproveitábase tamén como día de lecer e gozo (paso, salón de baile, cine...) polos veciños que acudían á feira.

Hoxe en día mantense en parte esta tradición, xa que se segue celebrando coa mesma frecuencia que outrora, aínda que os produtos que se venden variaron en función das necesidades actuais.

O lugar no que se celebra a feira actualmente é a Praza dos Fornos.

Imaxes

Feira na Pontenova 1 Feira na Pontenova 2

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org