O Río Eo

Río Eo e os seus afluentes

O Río Eo desde sempre é un dos máis grandes símbolos do Concello da Pontenova. Río salmoneiro por excelencia en toda Galicia e fonte de vida e traballo para os habitantes da Pontenova desde moito antes da creación do concello. Non se pode falar deste municipio sen facer referencia a este obsequio da naturaleza.

Datos básicos

Superficie: 140 Km².

Altitude media: 165 m.

Rexión bioclimática: Atlántica.

Concellos: A Fonsagrada, A Pontenova, San Tirso de Abres, Trabada, Vegadeo, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Riotorto e Meira.

Ría cantábrica con importantes superficies intermareais de lodo e area que chega a albergar ata 5.000 aves acuáticas durante o período invernal. O Río Eo conta coas mellores cotas de captura de salmón de toda Galicia e está ben conservado.

Ao seu paso polo Concello da Pontenova, o Río Eo conta na capital do municipio cunha praia fluvial denominada "Pozo da Ola", no mesmo centro do pobo, que mestura tres zonas de roca, prado e pedras. Ademais está acondicionada con vestiarios, merendeiros e dúas plataformas de salto.

Hábitats

- Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda.

- Chairas de lodo ou areosas que non están cubertas de auga cando hai marea baixa.

- Lagoas costeiras.

- Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas.

- Pastos salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae).

- Maleza halófila mediterránea e termoatlántica (Sarcocornetea fruticosi).

- Uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix.

- Uceiras secas europeos.

- Uceiras secas atlánticos costeiros de Erica vagans.

- Megaforbios eutrofos higrófilos das beiras de chaira e dos pisos montano a alpino.

- Tobeiras calcáreas do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae.

- Penedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii.

- Bosques de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Fauna

- Lontra (Lutra lutra).

- Pato careto (Anas acuta).

- Pato asubión (Anas penelope).

- Lavanco real (Anas platyrhynchos).

- Chilro curlibico (Calidris alpina).

- Píllara real (Charadrius hiaticula).

- Garzota (Egretta garzetta).

- Mazarico curlí (Numenius arquata).

- Avefría (Vanellus vanellus).

- Sabre (Alosa alosa).

- Escalo (Chondrostoma polylepis).

- Lamprea (Petromyzon marinus).

- Salmón (Salmo salar).

- Troita de río (Salmo trutta fario).

- Troita marisca ou reo (Salmo trutta trutta).

- Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes).

- Caracol (Elona quimperiana).

- Lesma (Geomalacus maculosus).

- Vacaloura (Lucanus cervus).

- Mexillón de río (Margaritifera margaritifera).

- Libélula (Oxygastra curtisii).

Imaxes

Río Eo - Praia fluvial Límite superior do coto de Salmeán

Ver máis imaxes

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org