Ruta da antiga vía do ferrocarril tren Vilaoudriz - Ribadeo

Logotipo das rutas

A ruta, que forma parte do conxunto "Vías Verdes", discorre ao longo do que fora a antiga vía do tren que comunicaba a principios do século XX as minas de Vilaoudriz co porto de Ribadeo. Este trazado de 10 quilómetros mestura distintas superficies como asfalto, terra e pedras e nel pódense admirar varias pontes e túneles.

Trátase dunha ruta chea de contrastes, xa que se pode ver o Complexo lúdico que o Concello da Pontenova posúe no Boulloso e máis adiante gozar da natureza en estado puro ante a falta de construcións nos arredores; ademais, poderá observar mostras do paso do tren pola zona.

Outra das características salientables da ruta é que resulta ideal tanto para realizala andando, como correndo ou en bicicleta, polo que calquera persoa, sexan cales sexan as súas preferencias, gozará con esta ruta.

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org