Rede Natura e ZEPVN Carballido

A Rede Natura é unha rede de espazos naturais protexidos de ámbito europeo que inclúe os hábitats máis característicos do continente. A súa implantación está resultando crucial, sobre todo, en rexións como a galega, cunha biodiversidade moi rica, e carentes dunha política real de protección especial dos espazos naturais máis valiosos.

O obxectivo da Rede Natura é promover o aproveitamento ecoloxicamente sustentable dos recursos naturais sen degradar o medio. Con ela preténdese fomentar un modelo de desenvolvemento socioeconómico compatible coa conservación da natureza, é dicir, un modelo de desenvolvemento sostible, e preservar as mostras máis significativas da biodiversidade a escala europea.

Na nosa comunidade contamos cunha gran cantidade de hábitats e cunha fabulosa diversidade de flora e fauna, pero están en perigo tanto as especies menos comúns, en perigo de extinción, como as máis comúns ata hai pouco, que diminúen a gran velocidade, e unha delas é o espazo natural protexido LIC Carballido que ocupa unha superficie de 4828 ha. e atópase repartido entre tres concellos da provincia de Lugo: A Pontenova, A Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

Este lugar foi incluído na RN no ano 2001 fundamentalmente por conservar un ecosistema que se atopa en perigo, formado por bosques de castiñeiros e carballos e percorrido por numerosos regatos que favorecen o mantemento de numerosas especies, como as uces ou os bosques de amieiros e freixos, en canto á vexetación, ou os ratos de almiscre, lontras, morcegos ou aves, como o azor ou o gabián, en canto á fauna.

Cabe destacar que as rutas se atopan incluídas dentro da área do Río Eo, Os Oscos e Terras de Burón, declarada pola UNESCO, en setembro de 2007, Reserva da Biosfera.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Concello de A Pontenova
Concello de A Pontenova
Plaza do Concello s/n – 27720 A Pontenova - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 342 277 | Fax: 982 342 051
E-mail: consultas@concellodapontenova.org